Queredes ver como nos foi e que ben o fixeron os nosos rapaces e mestres no concurso de Proyecta Ensino?
Aquí tedes o video
Agora toca agardar polo veredicto!
Cruzamos os dedos!!!!!
A profe proporcionounos uns remedios para acabar coa plaga. Transmitiunos unha receita a base de auga e xabón para desfacernos do pulgón.
Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.