sábado, 25 de marzo de 2017

Poda dos rosais.



Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.
Aprendemos  qué ramas se deben sacar e o por qué de facelo. E tamén os coidados necesarios para que a planta non enferme polo corte. E xa vedes que nos puxo a todos a traballar!!!!



E como curiosidade explicounos como se realiza un inxerto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario