Sementando futuro


Xerminaron!!!!

Transcorrido o tempo de espera, mantendo as noces húmidas e en lugares escuros, procedemos a comprobar se xerminaran, atopándonos con que en case tódalas aulas o fixeran entre unha e tres noces.
Aquí vos deixamos as fotos do día que os alumn@s sementaron as noces xerminadas, cada aula no seu horto.
preme aquí

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Todos os nenos e nenas do do noso cole, puxeron en práctica "cómo xerminar unha noz"
A actividade discorreu do seguinte xeito. Primeiro o alumnado de sexto B investigou en TICs a maneira máis eficaz e idónea para facer xerminar unha noz. Logo elaboraron o seu propio guión para poder explicar tal actividade aos demáis nenos do cole.
Unha mostra:

Durante toda unha mañá os diferentes equipos de sexto B acudiron ás distintas aulas do centro para explicar e realizar con eses grupos a actividade. Foi todo un éxito, como podedes comprobar no trailer que elaboramos para a ocasión.
Agora tan só nos queda agardar para ver cantas logramos sacar adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario