sábado, 29 de octubre de 2016

Traballando coa semente



Esta é a exposición de semente que podedes visitar no mural da entrada, xunto a Mr. Palla.
O alumnado de sexto estivo a falar das diferentes formas das sementes, e da súa maneira de xerminar. 










viernes, 28 de octubre de 2016

Damas e cabaleiros....Mr. Palla!!!!


Rematado o prazo da votación e co reconto á vista, temos o pracer de presentarvos a Mr. Palla.
Noraboa á clase de 5ºA, autores da proposta escollida.

jueves, 27 de octubre de 2016

Unha árbore especial!

Presentámosvos o mural da biblio que este ano, como non podía ser doutro xeito, trata sobre unha árbore. Invitámosvos a que esteades moi atentos ao que ocorre ao seu arredor, xa que non se trata dunha árbore calquera, estamos a falar dunha árbore de biblio.
Deixámosvos unhas fotos de como foi a súa construción.








 







miércoles, 26 de octubre de 2016

Un paseo entre cogumelos.

Os nenos e nenas de 3ºA botáronse ao camiño, cámara en MAN, agasallándonos con esta preciosa reportaxe.


domingo, 23 de octubre de 2016

Asemblea: Prantas aromáticas

Os nenos e nenas de catro anos trouxeron ao cole cadansúa pranta aromática para mostrarlla e falar dela aos seus compañeiros. Se alguén sabe no cole de prantas que cheiran ben, son os peques de infantil. 

















jueves, 20 de octubre de 2016

Qué sabemos?


E nós pensando que non tiñamos nin idea, e resulta que postos a falar sabemos moitas cousas que nin sospeitábamos que as sabíamos.