sábado, 25 de marzo de 2017

Poda dos rosais.



Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.
Aprendemos  qué ramas se deben sacar e o por qué de facelo. E tamén os coidados necesarios para que a planta non enferme polo corte. E xa vedes que nos puxo a todos a traballar!!!!



E como curiosidade explicounos como se realiza un inxerto.





lunes, 13 de marzo de 2017

Bombas de semilla

Estas bombas adquiríronse coas doazóns recaudadas na actividade levada a cabo no mercadillo do pobo, e grazas as aportacións desinteresadas dos veciños de O Grove.

O fin último destas bombas é crear un xardín solidario no noso cole que materialice o noso traballo en valores ao mesmo tempo que colaboramos coa ONG Semilla para el cambio.


                                                                                     Mans de Terra
                                                                                ceip Valle Inclán



viernes, 10 de marzo de 2017

8 de marzo. Día da Muller

Tivemos a sorte de contar con Adelina Padín neste día, para que nos falase da horta. Esta muller, importante en O Grove polos seus coñecementos sobre permacultura e biodinámica, agasallounos pasando unha mañá completa, con todos os alumnos do noso cole. Falamos de bichería, de prantas que se axudan unhas ás outras, e aconsellounos sobre as nosas parcelas.
Non vos verdades o video, foi unha mañá xenial!!!!!!


Graciñas Adelina!!!!!

jueves, 9 de marzo de 2017

Mulleres importantes preto de ti: Videos

Aquí podedes ver os magníficos traballos presentados polos alumnos e alumnas, disfrutade das cousiñas que nos contan. E hai que decir que son todos uns ARTISTAS!!!!



























jueves, 2 de marzo de 2017

Mulleres importantes preto de ti.

8 DE MARZO DE 2017 DÍA DA MULLER
Cóntanos nun video de 21”

PON O MANDIL E FÁLANOS DEL 
PARA QUÉ SIRVE ESTA PRENDA?
QUÉN A UTILIZA?
Entrega o teu video entre o 6 e o 10.
page1image5768
MANDIL
page1image6376
Mulleres importantes moi preto de ti.
Cóntanos a que se adican esas mulleres; irmáns, avoas, curmás, tías, nais; esas mulleres importantes que están preto de ti, e tamén, quén e cando se poñen este mandil. Grava un video orixinal, pídelles que saian contigo. Tedes 21”......e sobre todo, pasade un rato divertido.
8 DE MARZO DE 2017 DÍA DA MULLER 

miércoles, 1 de marzo de 2017

Desfile de Entroido 17


Cenorias, setas, tractores, frores, espantallos, xardíns e xardineros. Este ano non podía ser doutro xeito, así se vivíu o entroido no 
Valle Inclán.