miércoles, 3 de mayo de 2017

De supernoraboa!!!!!

No cole estamos de supernoraboa. Presentamos o noso traballo aos premios "Proyecta Ensino" e clasificámonos como Finalistas con outros seis centros.
O día 12 de maio temos que exponer/defender a nosa candidatura ante un xurado composto por profesionais da ensinanza de recoñecido prestixio a nivel nacional.


Deixámosvos o video que realizamos para presentarnos ao concurso, disfrutádeo e noraboa pola parte que vos toca!!!!


jueves, 20 de abril de 2017

SOS!!!!! Plaga de Pulgóns


Recén chegados das vacacións atopámonos cunha desagradable sorpresa. As nosas prantas de fabas lobas estaban repletas de pulgóns.










Coa profe Luz aprendemos que os pulgóns aliméntanse da pranta succionando a súa savia, impedindo o crecemento da mesma.
Tamén nos contou a relación que estes bichiños teñen coas formigas, que se ven compensadas coa melaza producida polos pulgóns, a cal puidemos ver nas follas da pranta.

A profe proporcionounos uns remedios para acabar coa plaga. Transmitiunos unha receita a base de auga e xabón para desfacernos do pulgón.




sábado, 25 de marzo de 2017

Poda dos rosais.



Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.
Aprendemos  qué ramas se deben sacar e o por qué de facelo. E tamén os coidados necesarios para que a planta non enferme polo corte. E xa vedes que nos puxo a todos a traballar!!!!



E como curiosidade explicounos como se realiza un inxerto.





lunes, 13 de marzo de 2017

Bombas de semilla

Estas bombas adquiríronse coas doazóns recaudadas na actividade levada a cabo no mercadillo do pobo, e grazas as aportacións desinteresadas dos veciños de O Grove.

O fin último destas bombas é crear un xardín solidario no noso cole que materialice o noso traballo en valores ao mesmo tempo que colaboramos coa ONG Semilla para el cambio.


                                                                                     Mans de Terra
                                                                                ceip Valle Inclán



viernes, 10 de marzo de 2017

8 de marzo. Día da Muller

Tivemos a sorte de contar con Adelina Padín neste día, para que nos falase da horta. Esta muller, importante en O Grove polos seus coñecementos sobre permacultura e biodinámica, agasallounos pasando unha mañá completa, con todos os alumnos do noso cole. Falamos de bichería, de prantas que se axudan unhas ás outras, e aconsellounos sobre as nosas parcelas.
Non vos verdades o video, foi unha mañá xenial!!!!!!


Graciñas Adelina!!!!!

jueves, 9 de marzo de 2017

Mulleres importantes preto de ti: Videos

Aquí podedes ver os magníficos traballos presentados polos alumnos e alumnas, disfrutade das cousiñas que nos contan. E hai que decir que son todos uns ARTISTAS!!!!