Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.
Aprendemos qué ramas se deben sacar e o por qué de facelo. E tamén os coidados necesarios para que a planta non enferme polo corte. E xa vedes que nos puxo a todos a traballar!!!!
E como curiosidade explicounos como se realiza un inxerto.
Estas bombas adquiríronse coas doazóns recaudadas na actividade levada a cabo no mercadillo do pobo, e grazas as aportacións desinteresadas dos veciños de O Grove. O fin último destas bombas é crear un xardín solidario no noso cole que materialice o noso traballo en valores ao mesmo tempo que colaboramos coa ONG Semilla para el cambio.
Tivemos a sorte de contar con Adelina Padín neste día, para que nos falase da horta. Esta muller, importante en O Grove polos seus coñecementos sobre permacultura e biodinámica, agasallounos pasando unha mañá completa, con todos os alumnos do noso cole. Falamos de bichería, de prantas que se axudan unhas ás outras, e aconsellounos sobre as nosas parcelas. Non vos verdades o video, foi unha mañá xenial!!!!!!
Aquí podedes ver os magníficos traballos presentados polos alumnos e alumnas, disfrutade das cousiñas que nos contan. E hai que decir que son todos uns ARTISTAS!!!!
Mulleres importantes moi preto de
ti.
Cóntanos a que se adican esas mulleres; irmáns, avoas, curmás, tías, nais;
esas mulleres importantes que están preto de ti, e tamén, quén e cando se
poñen este mandil. Grava un video orixinal, pídelles que saian contigo.
Tedes 21”......e sobre todo, pasade un rato divertido.