Os nenos e nenas de cuarto recolleron a súa produción de ceboliño.
E ben parece que non se lles dou nada mal!!!!
A profe proporcionounos uns remedios para acabar coa plaga. Transmitiunos unha receita a base de auga e xabón para desfacernos do pulgón.
Os dous grupos de sexto encargáronse de adecentar os arredores da casa do conserxe. Para a labor de poda contamos cun experto na materia, experto na poda e no trato cos rapaces, xa que se trataba do mestre xubilado Xosé Ramón, antigo compañeiro do noso cole.
Viñamos de volta da plaza do Corgo e topamos no camiño co composteiro comunitario de O Grove. Como somos uns curiosos non puidemos resistirnos a botar un ollo.