lunes, 14 de noviembre de 2016

Encargo especial

O alumnado de sexto recibimos o encargo de diseñar e presupostar o horto escolar. Cuns datos e orientacións dadas dende a dirección do centro, calculamos, estimamos, repartimos e planificamos a construción do mesmo.







E claro que non só traballamos en papel, se nos queres ver coa ferramenta na MAN, pincha aquí

Visita á Estación fitopatolóxica do Areeiro.

Os alumnos e alumnas de 3º visitaron a "Estación fitopatolóxicamdo Areeiro" en Lourizán.
Alí ensináronlles froitos de outono.
Tamén viron as árbores que daban eses froitos, recolléronos, probáronos...
Estiveron nun invernadoiro e percorreron a horta onde observaron as plantas macho e femia do Kiwi. Ata atoparon setas!!!!
 Pasárono xenial!!!!!





miércoles, 9 de noviembre de 2016

A experiencia de construír un horto contada en Inglés

 O alumnado de sexto A elaborou estas redaccións nas que nos contan en língua inglesa como aconteceu o de construír un horto.





domingo, 6 de noviembre de 2016

Exposición de froitos de Outono

Os nenos e nenas de 1º e 2º realizaron esta exposición degustación dos froitos do outono.



















Neste video os nenos e nenas de 2º nos amosan os preparativos da exposición. Mirade que ben o pasaron.

sábado, 29 de octubre de 2016

Traballando coa semente



Esta é a exposición de semente que podedes visitar no mural da entrada, xunto a Mr. Palla.
O alumnado de sexto estivo a falar das diferentes formas das sementes, e da súa maneira de xerminar. 










viernes, 28 de octubre de 2016

Damas e cabaleiros....Mr. Palla!!!!


Rematado o prazo da votación e co reconto á vista, temos o pracer de presentarvos a Mr. Palla.
Noraboa á clase de 5ºA, autores da proposta escollida.