O equipo de axudantes de biblioteca vai impartir un curso sobre creación de logos. Todo o alumnado que queira poderá apuntarse a partires de hoxe na biblioteca durante o tempo de lecer avisando ao mestre de garda ou aos axudantes de biblioteca.
Na clase de inglés, os alumnos e alumnas de 2º e 3º, entre outras actividades, realizaron un pavo xigante utilizando as palmas das súas MANS para facer de plumas. Despois de falar sobre a importancia de dar as grazas ás persoas que nos coidan, que nos axudan...por todo o que nos ofrecen, os nenos e nenas escribiron as súas mensaxes de agradecemento nas súas MANS de papel e leronas en voz alta antes de ir pegandoas un a un.
A finais de novembro tivemos a gran sorte de contar con Miguel A. Delgado para o estudo das setas de O Grove. Aprendimos moitísimas cousas da man deste guía e atopamos fabulosos exemplares na nosa saída.
Quedamos encantados coa actividade, foi todo un luxo poder disfrutar de semellante entendido na materia. Dende aquí o noso agradecemento.
E para que vexades que ben o pasamos, ahí vos deixamos o vídeo.