jueves, 20 de octubre de 2016

Qué sabemos?


E nós pensando que non tiñamos nin idea, e resulta que postos a falar sabemos moitas cousas que nin sospeitábamos que as sabíamos.










Unha árbore de papel, unha biblio con moito que ler







Todos xuntos 







 e con papel






 unha árbore imos facer.







Aquí están os de segundo 







 facendo ramas de papel




pois a árbore da biblio 




tenvos moito que crecer.

miércoles, 19 de octubre de 2016

Achega o teu nariz!!!

Qué será?
qué pode ser?
Qué será que ule tan ben?
Un cheiriño rico rico
a lavanda e pirixel.











E un enorme GRAZAS!!!! familias. Moitísimas grazas pola vosa resposta tan xenerosa e rápida.
Sodes as mellores, e sabémolo!







domingo, 16 de octubre de 2016

Terceiro e as setas

Os nenos e nenas de terceiro fixeron esta sensacional manualidade. 
Un marcapáxinas para acompañálos nas súas lecturas.
Aquí nos deixan unha recopilación de fotos sobre o proceso.
A que son uns artistazas??!!!!

sábado, 15 de octubre de 2016

En busca da seta perdida!!




O alumnado de terceiro e cuarto estáse a converter en todo un especialista en cuestión de setas. 





 Co que eles non contaban era con atopar semellante exemplar sen saír sequera do noso patio. 






 Si é que somos uns suertudos!!!!




jueves, 13 de octubre de 2016

Quinteiro de Temperán

Novas que nos veñen como anel ao dedo.

 Vimos de recibir a invitación á inauguración do museo didáctico relacionado co agro, un recurso que utilizaremos seguro, tanto pola temática do mesmo, como por tratarse dun ben da nosa localidade. Gracias a "Quinteiro de Temperán" por esta oportunidade que nos ofrece, así como polo seu traballo por preservar a memoria dos que nos precederon.

miércoles, 12 de octubre de 2016

Unha viña en construción

Estamos preparando a ambientación dos nosos espazos, intentando que leven un chisquiño de todos.

Mezclando grupos e con aportacións de distintas aulas, en proceso a viña do cole, 





que dará sombra ao noso amigo o espantallo.