Recén chegados das vacacións atopámonos cunha desagradable sorpresa. As nosas prantas de fabas lobas estaban repletas de pulgóns.
Coa profe Luz aprendemos que os pulgóns aliméntanse da pranta succionando a súa savia, impedindo o crecemento da mesma.
Tamén nos contou a relación que estes bichiños teñen coas formigas, que se ven compensadas coa melaza producida polos pulgóns, a cal puidemos ver nas follas da pranta.
A profe proporcionounos uns remedios para acabar coa plaga. Transmitiunos unha receita a base de auga e xabón para desfacernos do pulgón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario