Nome do xogo: RALLIE FOTOGRÁFICO (Percente á Unidade didáctica 3: Percepción espacial e temporal de 3º e 4º nivel de Ed. Primaria: .)
Formamos 4 equipos:
- LIMOEIROS
- MACEIRAS
- CARBALLOS
- CASTIÑEIROS
A cada equipo entrégolle un sobre con 9 fotografías de árbores e prantas e un mapa do patio.
Cada equipo comezará a buscar as prantas das fotografías e terán que marcar no mapa o sitio exacto onde a atoparon co número da foto.
Cando rematen todos os equipos, comprobaremos conxuntamente se o fixeron ben e repasaremos os nomes das prantas atopadas.
As fotos das árbores e prantas utilizadas na actividade. Atreveste a poñerlle nome? Se sabes algunha deixanos un comentario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario